jueves, 11 de diciembre de 2008

Autoempleo no sector da Educ. Infantil




  • As saídas en canto o autoemprego se refire podemos dividilas en dous:
Empresa en propiedade e cooperativa.
  • E en canto os ámbitos en que podemos centrala a dividiremos en 3:

-Educativo -Ocio -Novos xacementos de emprego.


No ámbito educativo estarían os espazos de intervención educativa na etapa infantil,(escolas Infantís, Garderías, Xardíns de Infancia,Centros de Atención temperá, Aulas Hospitalarias...)

No ámbito do ocio e o tempo libre, estarían aqueles espacios lúdicos (Ludotecas, ociotecas, parques infantiles...).

E no ámbito dos novos xacementos de emprego, se incluirían aqueles novos servizos derivados das necesidades dadas polos cambios sociais en canto as xornadas laborais, migracións, e os novos intereses culturais, creativos, medioambientais...(Aulas de teatro, de expresión ritmico-musical, de talleres de expresión plástica, aulas de natureza, centros de día para nenos, aulas de apoio a nenos inmigrantes ou refuxiados, aulas de xogos polivalentes para a estimulación sensoriomotora...)


O home na Educación Infantil.

"Nueve de cada diez profesores de educación infantil son mujeres
Las docentes ocupan el 93% de las 2.200 plazas que hay en la provincia de Málaga para atender a alumnos de hasta seis años El desequilibrio entre géneros arranca en los estudiantes de la propia facultad de Magisterio"

-En la facultad de Ciencias de la Educación de la Universidad de Málaga, el 73% de los estudiantes son mujeres. En todas las especialidades la presencia de féminas es mayoritaria -Educación Física es la excepción que confirma la regla-, pero en la titulación de Maestro de Educación Infantil es simplemente abrumadora: el 94% del alumnado son chicas. Y en cuanto a los titulados, de los estudiantes que finalizaron estos estudios el curso pasado, sólo cuatro eran hombres.-
Este artigo do "Diario Sur Dixital", demostra claramente o que se lle ven chamando "feminización da ensinanza", máis patente en aqueles niveis educativos en que o cuidado e a implicación persoal cos alumnos ten maior relevancia; sexa pola xenética que nos predispón certas tendencias a elexir carreiras con implicación social, ou sexa pola influencia da tradición e educación sexista, que inconscientemente nos marcou nesta decisión, a realidade é abrumadora.
En canto ás aptitudes, contrariamente é que pensa a Decana da acultade de Maxisterio de Málaga :"Supongo que las mujeres tienen más predisposición a trabajar con niños chicos. Eso ha sido siempre así. Desde luego es una profesión que requiere grandes dosis de dedicación y paciencia», creo que a paciencia e a dedicación non ven marcada pola testosterona ou pola progesterona, senón polo carácter e o ámbito afectivo familiar e social onde te criaras.
O que sí que creo que os homes teñen un gran hándicap no ámbito da educación infantil, é no que concerne ás familias dos nenos/as, xa que as nais (xeralmente as que máis sufren coa situación de separación do neno/a) confían máis nas mulleres para o cuidado dos seus fillos (aparte de pola influencia socio-tradicional), porque queren ver na educadora-coidadora unha continuación dela mesma, para sentirse máis tranquila nesta situación dificil para elas e os nenos.

A importancia da formación para obter o emprego desexado.


A visión da sociedade sobre a formación destinada a búsqueda do emprego desexado, está cambiando, se antes se vía como imprescindible ter unha carreira universitaria e moitos cursos e masters (segundo varios estudos un amplo porcentaxe de titulados universitarios non traballa no que estudiou), agora, e debido ás necesidades do mercado laboral, priorízase á formación específica nun só campo, dando por tanto maior importancia á Formación Profesional, debido en gran parte pola formación practica que ésta imparte, e polas relacións que establece o alumno co mundo laboral cas FCT, que pon en relación ós sectores productivos cos profesionais do futuro.

Ademáis debido ós cambios sociais e económicos, aparece novos tipos de estudiantes: o estudiante-traballador, que comparte o seu tempo no centro educativo con un horario máis ou menos ríxido de traballo e o traballador-estudiante, que regresa ó ambito escolar despois de varios anos de ausencia, e cuxo compromiso laboral delimita á súa actividade formativa.Para ambos as posibilidades de dedicación ó estudo caracterízanse pola sua parcialidade e discontinuidade: fins de semana, horas libres soltas, noites,... , para éstes, que buscan na formación unha forma de mellorar laboralmente, ou simplemente de buscar unha saída mais acorde con él, a Lexilación Escolar, tanto na Universidade como na Formación Profesional, debería proporcionarlle programas escolares acordes cas súas necesidades, ampliando a oferta denominada "de adultos", e ofrecendo, grazas as novas tecnoloxías modelos alternativos de formación.


miércoles, 10 de diciembre de 2008

AUTOEMPREGO NA EDUCACIÓN INFANTIL


O procedemento máis axeitado sería formar unha empresa propia, neste caso unha gardería, aínda que para montar un empresa de meu é necesario ter unha serie de recuesos que hoxe en día é bastante complicado, sobre todo no tema económico. Collería a posibilidade de formar unha cooperativa para que sexa máis sinxelo.
No caso de ser Técnicos en Educación Infantil necesitariamos unha persoa cualificada como Mestre en Educación Infantil para a creación da nosa gardería. Aínda que os beneficios sexan para o dono da empresa teriamos que contratar a este mestre para poder levar a cabo este proxecto.

FORMACIÓN Ó LONGO DA VIDA


Lóxicamente, e máis hoxe en día, necesitamos ter uns estudos básicos para poder traballar; con isto quero dicir que canto máis nos formemos, posiblemente, máis oportunidades de emprego teremos; pero non sempre é así xa que moitas persoas con grandes estudos realizados non teñen oportunidade para poder traballar.
Se unha persoa quere un certo emprego necesita obter unha titulación para poder desenvolver ese traballo, o que non quere dicir que o densenvolva mellor ou peor por ter certo título, pero as empresas sempre esixen ter unha titulación para poder realizar o emprego ofertado; sen o título supostamente non estás capacitado para desenvolvelo.

HOMES NA EDUCACIÓN INFANTIL


Personalmente penso que moitos homes están relativamente "marxinados" por ser educadores infantís, xa que a sociedade, segundo os esquemas culturais que nos preceden, sempre foi a muller a encargada de coidar dos fillos e da casa, por iso un educador infantil crea certa desconfianza no pais deses nenos porque pensan que non saben ou poden facer ben o seu traballo.
En calqueira profesión non importa o sexo senón que fagas e cumpras co teu traballo, neste caso cumprir coas necesidades dos nenos que temos a cargo e dá o mesmo que sexa EDUCADOR ou EDUCADORA.

FORMACIÓN E EMPREGO NA UNIÓN EUROPEA


En canto a formación e emprego na Unión Europea temos as mesmas saídas que no noso propio país, e dicir, o que se refire á formación os estudantes teñen a posibilidade de viaxar a outros países, sempre con axudas para que así se fomenten o entendemento doutras culturas; no emprego podemos dicir que hai as mesmas posibilidades xa que a Unión Europea creou un "mercado común" para que así teñamos as mesmas oportunidades no noso país que no resto da Unión Europea.
En conclusión, hoxe en día podemos ter as mesmas oportunidades en toda a Unión Europea, xa sexan de emprego ou de formación.

Autoemprego


Mirando cara o futuro a mellor opción sería a de crear a nosa propia gardería e así ampliar o número de nenos que en España poden acceder a unha praza nunha gardería tanto pública como privada porque 5 de cada 10 están sin escolarizar dentro da etapa de 0 a 3 anos por falta de prazas na educación infantil, creando unha gardería podemos ofrecer tamén novos postos de traballo a técnicos superiores en educación infantil e a titulados pola universidade de maxisterio.

Mirándoo así o autoemprego ten todo ventaxas pero é un mundo difícil e complicado pero nada é imposible neste mundo.

Formación e emprego en Europa


Na educación Infantil ábresenos un grande abanico de posiblilidades no ámbito da formación: grado superior, cursos, universidade, masters, etc. No emprego: garderías, ludotecas,etc.

Sempre nos ofrecen a pod¡sibilidade desre tituladas e poder traballar en todo o mundo.

Ter un título significa poder obtar a un traballo sempre que sexa un título convalidado en Europa así se non nos importa desplazarnos podemos viaxar dun lugar a outro traballando sempre con nenos e tamén podemos aprrender deles.

martes, 9 de diciembre de 2008

Artigo sobre oportunidades de formación para o emprego na U.E

A nova Formación Profesional conta xa coa súa propia “Folla de Ruta” para adaptarse á “flexiguridade” pedida desde Europa .
Os ministros de Educación e Traballo presentaron uns novos ciclos formativos ambientados no contexto europeo, encamiñados cara a unha mellor excelencia académica, cunha mellor e maior oferta e cun gran peso no que a experiencia profesional refírese.
A Formación Profesional acaba de dar un salto máis no seu camiño cara á calidade grazas á aprobación da “Folla de Ruta”, presentada polos ministros de Educación, Política Social e Deporte, Mercés Cabrera, e de Traballo e Inmigración, Celestino Corbacho.
E é que urxe promover unha man de obra altamente cualificada, adaptable e móbil para lograr un maior crecemento da produtividade mediante os avances tecnolóxicos e a formación continua, así o mercado laboral demanda unha nova FP que satisfaga as súas novas necesidades e impulse o crecemento económico baseado no coñecemento. É necesaria unha cultura de avaliación máis decidida, que sexa consciente de que o éxito depende menos do volume de investimento que da eficacia con que esta realízase en sectores como a formación profesional e os servizos públicos de emprego.
Unha das primeiras medidas previstas para principios do 2009 será a aprobación dun Real Decreto que permita avaliar e aprobar a experiencia laboral dos titulados de FP e obter, así, o certificado de profesionalidade correspondente.
O obxectivo, é atraer a 200.000 estudantes máis aos graos medios pois España sitúase 10 puntos por baixo da media europea en número de titulados. Para iso, a “folla de ruta” marcouse como obxectivos alcanzar a excelencia na educación, conseguir o recoñecemento da experiencia, ampliar a oferta e outorgar á nova FP un carácter europeo.
Para lograr a excelencia, tanto alumnos como profesores recibirán Formación para o Emprego. Deste xeito estarán en permanente contacto co mercado laboral e a súa realidade e as necesidades dos alumnos irán ampliando a oferta de Formación profesional en función das necesidades que vaian xurdindo. Así, para que os alumnos poidan cursar a distancia os ciclos formativos, porase en marcha unha plataforma virtual.
Para rematar, o Espazo Europeo de Educación Superior, a “Folla de Ruta” contempla a mobilidade dos estudantes, ampliar o programa de bolsas e ademais outorgar, grazas ao Marco Nacional das Cualificaciones, validez internacional aos títulos que obteñan os estudantes españois para que poidan desenvolverse laboralmente en calquera país da UE, xa que un dos medios importantes para afrontar os retos actuais no mercado laboral nunha UE ampliada é a mobilidade xeográfica dos traballadores; agora ben, menos dun 2% dos cidadáns europeos en idade de traballar vive noutro Estado membro, polo que deben intensificarse os esforzos para crear unha verdadeira cultura da mobilidade que deberían centrarse non só na erradicación das trabas administrativas e xurídicas para a mobilidade, senón tamén dos obstáculos sociais, culturais, educativos e organizativos.

O traballo desexado

Hoxe en día o mundo laboral esta moi complicado, e porsuposto moito máis se non hai formación ,esta xoga un papel imprescindible para o futuro de toda persoa. Se tes algun obxetivo,algunha cousa fixa na que desexarías traballar debes de ter unha formación mínima esta será a única maneira de que o teu mundo laboral non sexa un fracaso e de que non te contraten por unha basura, xa sei que nos tempos que corren os soldos non son moi elevados ,pero sempre vai cobrar máis, e van admitir antes a unha persoa con formación ca outra que non a ten, e o que esta claro e que se non tes formación xa non te van a coller nada máis que para fregar escaleiras, varrer, camareira-o etc...
En conclusión aproveita o tempo e non deixes que o teu futuro laboral se converta nun fracaso e se aproveiten de ti,/( teñas que facer o traballo sucio).

Ten unha formación aunque sexa mínima para así ter un mellor futuro laboral.

O varón e a educación infantil


Son moi poucos os homes que se adican a esta profesión según estudos realizados pola universidade.

A figura feminina convertese en un referente para o menor, que lle aporta seguridade, sosiego e un apego afectivo moi importante. Pero esa relación vese 'ameazada' cando o pequeno comeza a ir a gardería ou o colexio, un entorno novo con uns coidadores que non coñece.

Na miña opinión este emprego non e difícil para o varón pero do que si que eston segura e de que ten que valer, pero esto tamén ocorre no sector feminino , pero é mínimo o porcentaxe de homes adicados a isto.