
Hoxe en día, hai unha serie de discriminacións e unha das máis importantes é a discriminación salarial que lles toca vivir aos inmigrantes.
Esta xente ten que marchar so seu país para poder sobrevivir, e cando chega aquí proponse traballar en calquera cousa como no campo, hostelería, atención aos nosos nenos e maiores. Nestes sectores van cobrar os salarios mínimos, e na maior parte dos casos van estar sen asegurar, isto é debido a que veñen dispostos a traballar nas condicións que sexan para poder sobrevivir cos obxetivos de non morrer de fame ou de traer aos seus familiares con éles, etc.; e debido a isto a xente contrátaos antes que aos de aquí porque traballan polo mínimo e o que miran é aforrar aínda que exploten á xente.
Hai que promover medidas para evitar isto aquí e noutros países porque en calquera momento podemos ter que emigrar nós e gustaríanos que nos tratasen con igualdade en todos os sentidos.
Temos que mentalizarnos e denunciar os casos de discriminación por calquera motivo e sobre todo temos que demostrar un bo trato cos nosos compañeiros e co resto da xente para que non se sinta discriminada por ningún motivo
2 comentarios:
Vale.... pero non propós medidas
Unha cousa: non tiñas valoración nunha actividade, polo que a túa puntuación con este artigo cambia.... penso que tamén o merecías
Publicar un comentario