lunes, 17 de noviembre de 2008

Actividade 2







Saídas profesionais do Técnico Superior en Ed. Infantil.

As saídas profesionais trala obtención do titulo de Téc. Sup. en Educación infantil, pódense diferenciar en dous tipos: Empregado dunha empresa privada (garderías, ludotecas, escolas infantís... de carácter privado) ou Empregado da Administración Pública (garderias, ludotecas, escolas infantís... de carácter municipal, provincial ou autonómico).
Dentro da empresa privada podemos optar polo autoemprego creando unha empresa de servizos ó uso (obtendo beneficios) ou unha de carácter social (sen ánimo de lucro). Para elo necesitaremos a contratación dun Mestre de Infantil, para a elaboración do PEC (proxecto educativo de centro, onde se inclúe o proxecto curricular de centro), que non entra dentro das atribucións do técnico superior.
Dentro da oferta pública temos tres opcións:
Escolas infantís da Xunta, onde entraríamos como persoal laboral do grupo 3, que podería ser un posto fixo, ou temporal, o que se opta a través de unha oposición-concurso.
Ás Galescolas, aínda que da Xunta, están xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos Sociais,e é a contratación realízase a través da oposición- concurso para optar ás prazas fixas, e través dunha lista de agarda (de cada galescola) aberta e dinámica (pero baseadas no baremo de puntos) para as prazas temporais.
E por último, as escolas infantís do ámbito municipal e provincial, ofertadas polos concellos e deputacións, que fan a selección tamén por oposición.

1 comentario:

jesus g. amillo dijo...

Moi ben Alba, sintetizas o que dixemos.... pero tes que ter en conta que a etiqueta ten que ser Autorientación.... polo de agora só manexamos dúas categorías: autorientación e socioeconómico.